“SpeakSpeare!”, segunda mellor iniciativa a nivel estatal no proxecto ACTing de promoción do envellecemento activo a través das TIC

O pasado ano académico 2014-2015, o Taller Europeo da Universidade Sénior da Universidade da Coruña puxo en marcha dúas experiencias innovadoras dentro do marco do Proxecto Europeo “ACTing – Axentes Sociais para a promoción dun Envellecemento Activo a través das TIC”, do que a Universidade Sénior é entidade colaboradora.

En colaboración cos nosos socios flamencos do Het Perspectief de Gante (Bélxica) desenvolveuse un Clube de Poesía On-Line baixo a denominación “En-RED-Versados”no que os alumnos e alumnas belgas e galegos aprenderon a manexar un blog, usar a redes sociais, … compartindo e comentando os seus poemas preferidos . Este blog ten acadado en menos dun ano mais de 14.000 visitas.

Có nome “SpeakSpeare! – Falamos con William” , levouse a cabo unha iniciativa singular en colaboración cos nosos socios da Universitá di Tempo Libero de Scandiano (Italia) para a mellora das competencias lingüísticas en lingua inglesa mediante o uso das TIC e có teatro de William Shakespeare como elemento motivador. Os alumnos e alumnas participaron xunto aos seus compañeiros e compañeiras de Italia dun grupo de Facebook para compartir experiencias, información, …

O pasad mes de xullo, a experiencia “SpeakSpeare!” ven de ser recoñecida como asegunda mellor iniciativa tecnolóxica singular de entre as iniciativas presentadas en todo o estado español ao concurso ACTing e, deste xeito, é recoñecida como Boa Práctica a nivel europeo. Outra iniciativa galega, a do concello de San Sadurniño, é a iniciativa gañadora que optou ao premio a nivel europeo no mes de setembro e resultou vencedora.

Este recoñecemento é froito do esforzó e compromiso dos alumnos e alumnas que participaron en ambas iniciativas, e da aposta da Universidade Sénior da UDC pola participación en iniciativas transnacionales no eido da educación de adultos que ven desenvolvendo ininterrumpidamente dende o ano 2003.

A nova foi recollida en diferentes medios e redes:

Universidade Sénior da Universidade da Coruña – Web: http://www.udc.es/senior/novas/20150724_premio_ACTing.html

AEPUM. Asociación Estatal de Programas Universitarios para Maiores: http://www.aepumayores.org/es/contenido/reconocimiento-como-buena-pr-ctica-acting-para-la-iniciativa-de-la-universidad-s-nior-de-c

FEGAUS: http://fegaus.com/reconecemento-para-speakspeare-do-taller-europeo-da-universidade-senior/

CAUMAS: http://caumas.org/revista/reconecemento-para-speakspeare/

Europa Insieme – Comune di Scandiano: http://www.europainsiemeweb.eu/index.php?option=com_content&view=article&id=366%3Athe-spain-recognizes-the-speakspeare-project&catid=253%3Ablogs-1&Itemid=1116&lang=en